Friday 17 de May de 2024

A Banda de Música Isabel II de Touro, protagonista do Concerto de Nadal


A Banda de Música Isabel II de Touro foi a protagonista do Concerto de Nadal en Touro, que se celebrou o pasado sábado, 17 de decembro de 2022, na Casa da Cultura do Concello de Touro. O concerto contou con esembles instrumentais e coas interpretacións da Banda Xuvenil e da Banda de Música Isabel II de Touro, que seleccionaron un repertorio para estas festas de Nadal. Os organizadores, tanto o Concello de Touro como a Banda de Música Isabel II de Touro, desexan unhas Felices Festas e un próspero ano 2023.